Quantcast
Channel: El Retroceso - circo
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

Manifestación por un "Lugo libre de circos con animais"

$
0
0
Hoxe domingo 23, as 12 da maña na Praza da Horta do Seminario, tivo lugar unha concentración a favor dun circo sen animais e libre de explotación animal.
A manifestación comezaba á hora con varias ducias de persoas, repartíronse panfletos de repulsa e mentres durou todo o acto, diante dos manifestantes unha persoa disfrazada de animal permanecía enxaulada nunha gaiola de aproximadamente un metro cadrado, diante dunha pancarta que pedía un "Lugo libre de circos con animais" tamén uns nenos e nenas enseñóronos cos seus debuxos como son os animais felices. Ademais leuse un manifesto que por problemas técnicos non soou tan forte como debía, cando xa na praza eran preto de oitenta persoas as que acudiran o evento. Puidéronse oír consignas coma "Circos si, pero sen animais" mentres no que parecía unha burla por parte do circo Coliseo, cando o coche ca publicidade deste pasou por diante diminuíndo a velocidade mentres a megafonía reproducía os seus anuncios. Parte da publicidade do circo xa fora retirada das rúas por que o parecer nin se molestaran en solicitalos permisos.
Sección: 

Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

Latest Images

Trending Articles





Latest Images